A Horta da Aldea de Carelle está no entorno inmediato das casas e nela cultivamos tódalas verduras que medran nesta zona. As colleitas varían dependendo da tempada e a estación do ano: patacas, grelos, berzas, nabizas, repolo, cebolas...e outras saborosas verduras e hortalizas que precisan da protección do noso invernadeiro coma os deliciosos tomates.
A sabedoría popular é moi valiosa para coidalas hortas, previr o ataque de fungos ou insectos e enriquecelo chan para que non se desgaste. Transmitir este coñecemento e experimentala horticultura, ver crecelas plantas, coidalas... é unha das actividades da nosa aldea etnográfica de Carelle. Os grandes expertos: os anciáns veciños de Muras, que gardan un saber que ningún experto pode igualar; son persoas casi centenarias que acumulan a experiencia de moitos anos cultivando estas terras.