o curral da Aldea de Carelle, Muras - Lugo

O CURRAL

Conecta co ritmo natural do tempo

Respirar, escoitar, cultivar, camiñar... VIVIR
 Si lle gustan os ovos da casa ou campestres probe os que poñen as nosas felices galiñas. Hoxe en día vostede pode atopar no supermercado códigos de cría das galiñas nas caixas dos ovos. Nos, na aldea, non nos complicamos tanto. Coidamos as nosas pitiñas ceibándoas polo día na aíra, onde os nosos cans as gardan do ataque do buxato e polas noites  gardámolas no curral para proxegerla do raposo. A vida no campo é moi tranquila pero tambén pode ser emocionante.
 Convidámol@ a que aprenda como alimentar unha galiña, criar un capón ou recollelos ovos sen enfandar ao Galo.... Unha actividade que parece fácil pero na que hai que verse. Atrévese?