Hai un aliado moi grande na vida no campo, os animais. Sempre foron compañeiros fieis e axudantes extraordinarios en todolos labores de traballala terra, ademáis de ser xenerosos á hora de proporcionarnos materias primas como o leite ou o mel. Ata fai pouco, tamén eran o noso medio de transporte, moito máis ecolóxico e versátil que calqueira que desenvolvera o home. Pasear a cabalo ou dar unha volta en burro é un dos placeres que se pode experimentar en Carelle. Se non es tan aventureir@ para montar, verás que o noso burro vaite prendar ata conseguir camelarte... Acabarás dándolle un bo anaco de pan ou adiantámosche que se lle ofreces un pouco de zucre, entablarás unha verdadeira amizade. Se queres descubrilos lazos que nos unen ós animales domésticos, aprender a coidalos e respetalos non dubides en visitala nosa aldea etnográfica. A cría e o coidado dos animais xunto co coñecemento da agricultura deron lugar á revolución máis importantes da historia do ser humano. Nese momento deixamos de ser nómadas para vivir en pequenas poboacións. É a orixe da sociedad humana. É a orixe e o pasado máis remoto das aldeas galegas.