A agricultura é unha ciencia sen a que o home non pode subsistir, xa que gracias a ela conseguimolos alimentos de orixe vexetal. Na aldea de Carelle plantamos o noso propio trigo, patacas e outras plantas que requiren dun terreo máis extenso que o da nosa horta. Para coñecelos verdadeiros segredos da agricultura hai que ter paciencia e controlala colleita todo o ano. É un traballo duro pero moi agradecido. Disfrutar dos alimentos ó natural e beneficiarse das súas propiedades orixinais é un luxo que temos na aldea sen ter que ir a un restaurante con estrela Michelín. O sabor, a forma, o cheiro, a pel, a cor, o tacto... Benvenid@ a percepción do auténtico e natural.