Sendeirismo en la Aldea de Carelle, Muras - Lugo

SENDEIRISMO

Conecta co ritmo natural do tempo

Respirar, escoitar, cultivar, camiñar... VIVIR
 A extensión dos nosos montes nos que nacen o río Eume, o Landro e o Sor cos seus respectivos afluentes e regatos gardan paisaxes segredos para os aventureiros amantes do sendeirismo. Muras alberga os tramos máis vírxenes e intactos do Eume, con varios tesouros como a ruta dos Caneiros. Para a xente que lle guste  o noso concello ofrece unha basta extensión de espacios naturais únicos. A ruta desde a parroquia do Burgo que segue o río Eume ata a aldea de Carelle, é un espectacular percorrido polas fragas de carballos, bidueiras e castiñeiros, salpicados de aveleiras, frondosos acibros e salgueiros.
 A "Ruta do Muíño" próxima á nosa aldea de Carelle, é un lugar máxico onde o tempo cobra unha dimensión diferente. O chan, acolchado polos musgos, as cortiñas de líquenes que colgan das árbores e o son da agua que se abre paso ata caer sobre a roda do muíño fan da visita unha experiencia dunha pureza única.
 A Seerra do Xistral e as ribeiras do Eume están declaradas Espazos Naturais Protexidos xa que conservan especies e variedades vexetais como as "uceiras", únicas en toda Europa. As bretemas que se forman nos cumios do Xistral" deixan abundantes chuvias que axulagan as extensas turbas de pastos, nas que habitan cabalos ceibos e onde prosperan especies endémicas da rexión.