A Aldea de Carelle consta de dous núcleos principais de vivendas. Como na maior parte dos pobos, os veciños distinguíanos pola altura con respecto ao chan; é dicir : "Carelle D´Arriba" para as casas da parte máis alta e "Carelle D´Abaixo" para as que quedan máis cerca da fraga. Cada unha das vivendas chamábase polo nome do paisano ou paisana que a habitaba: Casa do Guillermo, Casa da Elisa... ou ben polo alcume ou apelido da familia; Casa do Gato, Casa dos Pinpíns... Desgraciadamente a aldea levaba deshabitada moitos anos e unha das labores deste proxecto foi restaurar as casas e dotalas de tódalas comodidades actuais, incluíndo internet nun lugar impensable. Tódalas vivendas dispoñen de lareiras nos salas e calefación central. As habitacións son todas exteriores e con baño independente... Esperta co canto do galo e respira un pouco de aire fresco.