Redescubra o sabor. Na nosa aldea cultivamos verduras e hortalizas, sementamos trigo, criamos gado, recollemos mel das colmeas e mantemos a salvo ó galo e mailas galliñas do raposo... A vida no campo é moi tranquila pero tamén pode ser emocionante. Coñeza a procedencia dos alimentos e o seu sabor orixinal. A agricultura e a gandaría de autoconsumo é un saber que os campesiños conservan a través dun coñecemento milenario. Cultivala terra, criar animais e coñecer as bendicións das estacións para recolectar o que a Natureza ofrece, son os principios e a gran base da cociña tradicional galega.