Bienvenid@ o concello de Muras, un municipio situado o norte da Provincia de Lugo, entre a comarca da Terra Chá e A Mariña Lucense. Somos un pobo con moita extensión e cun problema común a tódolos pobos de España, a despoboación. A Aldea Etnográfica de Carelle é un proxecto que nace como unha alternativa ó abandono dos núcleos rurais; un fenómeno que está condenando á extinción as poboacións que máis definen a orixe dos pobos e dos seus costumes; as aldeas. Cremos no progreso e nos beneficios que poden xerar a unha vida sana e natural no campo. Non vemos incompatible a vida rural co coñecemento, a tecnoloxía e o avance social. Queremos conservar o legado dos nosos avós, dar a coñecer ó mundo a beleza e as bondandes da nosa terra, e non perder nunca, unha cultura que se transmitiu durante xeracións. Convidamos a todo o mundo a que visite o noso Concello e a Aldea Etnográfica de Carelle, un lugar onde vivir experiencias á antiga usanza pero con tódalas comodidades actuais.